Saltar ao contido

My Life With Thrill Kill Kult

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
My Life With Thrill Kill Kult
OrixeChicago, Illinois,
Período1987 - actualidade
Xénero(s)rock industrial, música experimental
Selo(s) discográfico(s)Interscope/Atlantic Records, Red And Records, Rykodisc, SleazeBox Records, Wax Trax!/TVT Records
MembrosGroovie Mann
Buzz McCoy
Charles Levi
Justin Thyme
Antigos membrosThomas Thorn
Otto Matix
Ruth McArdle
Jacky Blacque
Lydia Lunch
William Tucker
Shawn Christopher
Kitty Killdare
Sekret Dame DeZyre
Dick Fury
Linda LeSabre
Pepper Somerset
Sinderella Pussy
Arena rock
Brian St. Clair
Skip Towne
Na rede
mylifewiththethrillkillkult.com
Facebook: thrillkillkult Twitter: THRILLKILLKULT Musicbrainz: 07934e8f-f079-4645-a984-4a529504d79c Songkick: 417457 Discogs: 21349 Allmusic: mn0000617980 Editar o valor en Wikidata

My Life With Thrill Kill Kult é unha banda estadounidense de música disco, electrónica e industrial procedente de Chicago, Illinois e fundada no ano 1987.

O nome Thrill Kill Kult creouno Frankie Nardiello, que estivera de xira con Ministry en 1986 como técnico de luces. Frankie compuxo un feixe de cancións co líder de Ministry Alain Jourgensen, que fora anteriormente compañeiro de Nardiello nun grupo chamado Special Affect, e un dos temas titulábase "Thrill Kill Kult". Pouco despois, Nardiello e o seu amigo Marston Daley comezaron a concibir unha película chamada Hammerhead Housewife and the Thrill Kill Kult. Esta nunca se rematou, pero a música que gravaron para a súa banda sonora foi editada como un EP de tres temas por Wax Trax! Records.

Chamándose a si mesmos Groovie Mann (Nardiello) e Buzz McCoy (Daley), iniciaron My Life With the Thrill Kill Kult. Despois de que o primeiro EP tivese boas vendas, editaron un álbum, I See Good Spirits and I See Bad Spirits, no ano 1988. O dúo chamou a atencion das radios universitarias e das pistas de baile, e tamén de grupos relixiosos que se opuxeron abertamente á súa imaxe ocultista. A banda continuou xerando controversia no seguinte lanzamento, que incluía un EP de remesturas titulado Nervous Xians, e fixéronse aínda máis populares co lanzamento do sinxelo "Kooler Than Jesus".

O segundo álbum de Thrill Kill Kult, 'Confessions of a Knife, converteuse nun dos lanzamentos máis vendidos de Wax Trax!, e continuou provocando con títulos como "A Daisy Chain 4 Satan" e "Rivers of Blood, Years of Darkness".

Xunto cos seus compañeiros de selo Ministry, KMFDM e Front 242, Thrill Kill Kult axudou a desenvolver a escena da música industrial, pero de todos os xeitos continuaron evolucionando, creando un son dificilmente categorizable ou identificable. Era música electrónica con ritmos pesados, con reminiscencias tanto do disco como do funk, aínda que amplificado ata niveis abrasivos. Thrill Kill Kult reflectía un cambio, onde as gravacións de música disco podían ser sinistras e agresivas, engadíndolle riffs e referencias máis acordes a un grupo de heavy metal. Unha das súas características máis distintivas é o uso de diálogos ou gravacións faladas sacados de películas de serie B e outras fontes.

No inicio da súa carreira, a música da banda foi coñecida por ter unha temática "satánica", pero ningunha das súas cancións fala sobre o satanismo ou o culto ao demo, aínda que as imaxes blasfemas formaron parte da súas letras e da súa arte. Por exemplo, a canción "A Daisy Chain 4 Satan" semella suxerir o contrario, pero realmente é só o título dunha novela pulp de misterio escrita por Joan Fleming, vista por Nardiello nun andel.

O elemento "ocultista" da banda desprazouse a un segundo plano nos últimos anos, centrándose máis no seu son disco de "mala calidade".. O álbum de 1991 Sexplosion! marcou un salto do grupo cara ritmos máis proximos ao house psicodélico. Os seus últimos traballos ampliaron estes sons e exploraron novas direccións, como no disco de 1995 Hit & Run Holiday, que combiana o típico son electrónico da banda cun surf rock psicodélico con reminiscencias do garage rock dos 60 e de bandas máis modernas como The B-52's.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]